COLEXIO RURAL AGRUPADO ______ "A LAGOA"

Mi foto
SALVATERRA DE MIÑO, TELÉFONO:986 65 93 63

martes, 21 de octubre de 2008

TARTA DE CASTAÑA

INGREDENTES PARA 4 PERSOAS:

Para o biscoito:
- 4 ovos
- 4 culleradas de azucre
- 4 culleradas de fariña
- un pouco de mantequilla e fariña para o molde

Para o recheo:
- 1/2 kg. de castañas
- 1 cullerada de azucre
- 1 copiña de ron
- 50 gr. de mantequilla
- 1/2 vaso de tona

Para decorar:
- Follas de menta
- Frambuesas e moras
- Cacao en po

ELABORACIÓN:

Facer un corte na cáscara das castañas coa axuda dun coitelo e cocelas con auga durante 20 ou 30 minutos.
Bater os ovos e o azucre con unha batedora ata que monten. Engadir a fariña (reservar un pouco) tamizada e mezclar todo suavemente coas mans.
Untar de mantequilla o molde, espolvorealo de fariña, verter a masa. Meter no forno prequentado a 180º C durante 18 minutos.
Para o recheo, pelar as castañas cocidas (reservar 5 para a decoración) e trituralas con unha batedora. Engadir o azucre, o brandi, a mantequilla fundida e a tona pouco a pouco sen deixar de bater.
Abrir o biscoito pola metade e enchelo coa crema de castañas. Espolvorear cun coador o cacao en po ata que cubra a tarta. Decorar coas castañas, as follas de menta, as frambuesas e as moras.

No hay comentarios: