COLEXIO RURAL AGRUPADO ______ "A LAGOA"

Mi foto
SALVATERRA DE MIÑO, TELÉFONO:986 65 93 63

miércoles, 29 de octubre de 2008

MAGOSTO 2008

FESTA DO MAGOSTO EN CORZÁNS..................
(14 de Novembro)






CHEGADA A UNITARIA DE CORZÁNS A 10:30 HORAS.


TEATRO DE TÍTERES

XOGOS POPULARES

CANCIÓN DO MAGOSTO INTERPRETADA POLOS NENOS
CASTAÑADA

SAÍDA AS 13:15



SOLICITAMOS A COLABORACIÓN DE TODOS PARA ASAR AS CASTAÑAS





CASTAÑAS COMÍ,

.......CASTAÑAS CENÉ

Y DE TANTO COMER CASTAÑAS

.........ME ENCASTAÑÉ.

PIN PON




CUCU CANTABA LA RANA CUCU..

LA VACA LECHERA

La gallina turuleca

Canta con Noé

martes, 21 de octubre de 2008

TARTA DE CASTAÑA

INGREDENTES PARA 4 PERSOAS:

Para o biscoito:
- 4 ovos
- 4 culleradas de azucre
- 4 culleradas de fariña
- un pouco de mantequilla e fariña para o molde

Para o recheo:
- 1/2 kg. de castañas
- 1 cullerada de azucre
- 1 copiña de ron
- 50 gr. de mantequilla
- 1/2 vaso de tona

Para decorar:
- Follas de menta
- Frambuesas e moras
- Cacao en po

ELABORACIÓN:

Facer un corte na cáscara das castañas coa axuda dun coitelo e cocelas con auga durante 20 ou 30 minutos.
Bater os ovos e o azucre con unha batedora ata que monten. Engadir a fariña (reservar un pouco) tamizada e mezclar todo suavemente coas mans.
Untar de mantequilla o molde, espolvorealo de fariña, verter a masa. Meter no forno prequentado a 180º C durante 18 minutos.
Para o recheo, pelar as castañas cocidas (reservar 5 para a decoración) e trituralas con unha batedora. Engadir o azucre, o brandi, a mantequilla fundida e a tona pouco a pouco sen deixar de bater.
Abrir o biscoito pola metade e enchelo coa crema de castañas. Espolvorear cun coador o cacao en po ata que cubra a tarta. Decorar coas castañas, as follas de menta, as frambuesas e as moras.

MAGDALENAS DE CASTAÑAS

INGREDENTES PARA 4 PERSOAS:

- 1/2 Kg. de castañas
- 2 estrelas de anís estrelado
- auga
- 3 claras
- 1 xema
- 150 gr. de azucre
- 150 gr. de mantequilla
- 1 cullerada de ron
- 150 gr. de fariña
- 1 culleriña de levadura en po
- chocolate á cunca
- follas de menta
- froitas do bosque

ELABORACIÓN:

Limpa as castañas, fáiselles un corte co coitelo e póñense a cocer xunto co anís estrelado na ola rápida con un pouco de auga. Déixase cocer uns 10 minutos aproximadamente e pélanse. Aplástanse con un coitelo.
Póñense as claras nun bol e móntanse coa batedora, cando estén case montadas engádese un pouco do azucre e séguese montando. Pónse a xema en outro bol, engádese un pouco de azucre e móntase coa batedora. Engádese todo o azucre e séguese montando, añádese a mantequilla a punto de pomada, móntase, vértese o ron e móntase un pouco máis. Engádense as castañas trituradas, a fariña, a levadura e as claras montadas. Mistúrase todo con movementos envolventes.
Introdúcese a masa na manga pasteleira e énchense os moldes de magdalenas sen chegar á beira. Métese no forno a 170º C durante 15 ou 20 minutos. Déixase enfriar e con axuda dunha xeringa méteselles un pouco de chocolate á cunca. Sérvese nunha bandexa e decórase con follas de menta e froitas do bosque.

BOMBÓNS RECHEOS DE CASTAÑAS

INGREDENTES:
- Castañas
- Chocolate negro
- Boliñas de cores

ELABORACIÓN:

Quítaselle a casca ás castañas e cocemos uns 5 minutos para poder pelalas. A continuación báñanse en chocolate negro fundido, adórnanse con boliñas de cores e métense na neveira a enfriar.

PASTEL DE CASTAÑAS

INGREDENTES PARA 6 PERSOAS:
- 400 gramos de castañas peladas
- 5 ovos
- 150 gramos de azucre
- 1 botellín de crema de leite
- 2 culleradas sopeiras de chocolate negro ou en po
- 1/2 vaso de viño doce

ELABORACIÓN:

Escoller catro castañas de bo tamaño e forma regular, envolvelas nunha gasa e colocalas nun cazo, engadir dous vasos de auga e dúas culleradas de azucre. Poñer o lume e deixalas cocer, lentamente durante 15 minutos. Pasado este tempo, sacar as castañas, escorrer e quitarlles a envoltura de gasa e reservar.
Poñer ó lume unha pota, botar o resto das castañas e auga abondo para que queden cubertas e o viño. Cando estén cocidas, retirar do lume e escorrer.
No vaso da batedora, botar as castañas, o azucre, a crema de leite e as xemas dos ovos. Batelo todo coa batedora e pasar a mistura a un bol. Aparte, bater as claras dos ovos a punto de neve e engadilas ó contido do bol, con unha culler de pau reméxese moi lentamente para misturar todo moi ben e que non se baixen as claras.
Tomar un molde de teflón, caramelizalo e verter nel toda a mistura. Introducilo no forno a 180º c e mantelo, pinchar con un coitelo, se sae limpo retírase do forno.
Déixase enfriar a temperatura ambiente, desmóldase e adórnase coas catro castañas.
Poñer nun cazo vaso e medio de auga, poñelo no lume e cando rompa a ferver botar o chocolate con dous dedos de auga ó baño maría durante uns minutos.
Retirar do lume e botalo sobre o pastel, cubrindoo por igual. Introducilo na neveira ata que chegue a hora de servilo.

CASTAÑAS CON MUXO (MARUXO)

INGREDENTES:
-Castañas

ELABORACIÓN:

Poñer o muxo a arder, botarlle as castañas polo medio e un pouco polo medio e deixar asar ben.

CASTAÑAS ASADAS Ó FORNO

INGREDENTES:
-Castañas

ELABORACIÓN:

Quitarlles un trociño pequeno e metelas no forno durante media hora. Un pouquiño de sal por enriba.

lunes, 20 de octubre de 2008

CASTAÑAS COCIDAS

INGREDENTES:
- Castañas
- Sal
- Nebola
- Foncho

ELABORACIÓN:

Primeiro pelar as castañas, despois metelas nun cazo con auga, botarlles un pouco de sal e poñelas a cocer durante unha hora.

CHARLOTÉE DE CHOCOLATE E CASTAÑAS

INGREDENTES:
- 270 gramos de chocolate semiamargo
- 120 gramos de manteca
- 300 gramos de puré de castañas
- 5 ovos
- Vainillas
- 1 vaso de ron

ELABORACIÓN

Fundir o chocolate coa manteca, incorporar o puré de castañas, engadir as xemas e misturar.
Bater as claras a punto de neve e incorporar a preparación anterior, misturar o vaso de ron con un pouco de auga e embeber as vainillas cortadas ó medio. Colocar acetato nas beiras dun molde de 20 centímetros de diámetro, que sexa desmontable.Poñer as vainillas nas beiras. Verter a preparación dentro do molde e levar ó frigorífico ata que esté ben firme. Retirar o acetato e servir.

FLAN DE CASTAÑAS

INGREDENTES:
- 500 gramos de castañas limpas
- 400 centilitros de leite
- 125 gramos de azucre
- 3 xemas de ovo
- 1 cullerada de ron
- 3 claras
- 60 gramos de manteca
- Esencia de vainilla ó gusto

ELABORACIÓN
Pelar as castañas e cociñalas en 250 centilitros de leite, a lume lento, ata que estén brandas e o leite se consuma, procesalas e misturalas co leite restante, o azucre, as xemas, o ron e a esencia de vainilla. Xuntar suavemente coas claras batidas a punto de neve, volcar a preparación nun molde untado con manteca. Meter no forno a unha temperatura moderada, en baño maría, ó redor de 25 minutos, desmoldar e salsear con 100 gramos de chocolate fundido xunto con 4 culleradas de leite e unha noz de manteca

CASTAÑAS EN ALMÍBAR

INGREDENTES:
- 1 Kilogramo de castañas peladas e cocidas
- 300 gramos de azucre
- 60 centilitros de auga
- Augardente ou licor de froitas

ELABORACIÓN:
Prepárase un almíbar de azucre con auga,sen deixar de remexer para que o azucre se disolva.
Cando esté feito o almíbar, pódese bañar con augardente ou con licor de froitas.
A continuación métense as castañas en tarros herméticamente pechados e engádese o almíbar. Déixase repousar entre 15 días e un mes.
A hora de ser servidas, as castañas poden ir acompañadas de outros froitos secos acompañados co almíbar.

martes, 7 de octubre de 2008

NOVE UNITARIAS TRABALLANDO XUNTAS

O Colexio Rural Agrupado "A Lagoa" está composto por nove unitarias pero funcionando como unha sola escola. Este gran grupo formamolo as seguintes unitarias:

  • Arantei
  • Cabreira
  • Corzáns
  • Meder
  • Fornelos
  • Besada 3 anos
  • Besada 4/5 anos
  • Pesqueiras
  • Oleiros