COLEXIO RURAL AGRUPADO ______ "A LAGOA"

Mi foto
SALVATERRA DE MIÑO, TELÉFONO:986 65 93 63

martes, 21 de octubre de 2008

MAGDALENAS DE CASTAÑAS

INGREDENTES PARA 4 PERSOAS:

- 1/2 Kg. de castañas
- 2 estrelas de anís estrelado
- auga
- 3 claras
- 1 xema
- 150 gr. de azucre
- 150 gr. de mantequilla
- 1 cullerada de ron
- 150 gr. de fariña
- 1 culleriña de levadura en po
- chocolate á cunca
- follas de menta
- froitas do bosque

ELABORACIÓN:

Limpa as castañas, fáiselles un corte co coitelo e póñense a cocer xunto co anís estrelado na ola rápida con un pouco de auga. Déixase cocer uns 10 minutos aproximadamente e pélanse. Aplástanse con un coitelo.
Póñense as claras nun bol e móntanse coa batedora, cando estén case montadas engádese un pouco do azucre e séguese montando. Pónse a xema en outro bol, engádese un pouco de azucre e móntase coa batedora. Engádese todo o azucre e séguese montando, añádese a mantequilla a punto de pomada, móntase, vértese o ron e móntase un pouco máis. Engádense as castañas trituradas, a fariña, a levadura e as claras montadas. Mistúrase todo con movementos envolventes.
Introdúcese a masa na manga pasteleira e énchense os moldes de magdalenas sen chegar á beira. Métese no forno a 170º C durante 15 ou 20 minutos. Déixase enfriar e con axuda dunha xeringa méteselles un pouco de chocolate á cunca. Sérvese nunha bandexa e decórase con follas de menta e froitas do bosque.

No hay comentarios: