COLEXIO RURAL AGRUPADO ______ "A LAGOA"

Mi foto
SALVATERRA DE MIÑO, TELÉFONO:986 65 93 63

lunes, 20 de octubre de 2008

FLAN DE CASTAÑAS

INGREDENTES:
- 500 gramos de castañas limpas
- 400 centilitros de leite
- 125 gramos de azucre
- 3 xemas de ovo
- 1 cullerada de ron
- 3 claras
- 60 gramos de manteca
- Esencia de vainilla ó gusto

ELABORACIÓN
Pelar as castañas e cociñalas en 250 centilitros de leite, a lume lento, ata que estén brandas e o leite se consuma, procesalas e misturalas co leite restante, o azucre, as xemas, o ron e a esencia de vainilla. Xuntar suavemente coas claras batidas a punto de neve, volcar a preparación nun molde untado con manteca. Meter no forno a unha temperatura moderada, en baño maría, ó redor de 25 minutos, desmoldar e salsear con 100 gramos de chocolate fundido xunto con 4 culleradas de leite e unha noz de manteca

No hay comentarios: