COLEXIO RURAL AGRUPADO ______ "A LAGOA"

Mi foto
SALVATERRA DE MIÑO, TELÉFONO:986 65 93 63

martes, 21 de octubre de 2008

PASTEL DE CASTAÑAS

INGREDENTES PARA 6 PERSOAS:
- 400 gramos de castañas peladas
- 5 ovos
- 150 gramos de azucre
- 1 botellín de crema de leite
- 2 culleradas sopeiras de chocolate negro ou en po
- 1/2 vaso de viño doce

ELABORACIÓN:

Escoller catro castañas de bo tamaño e forma regular, envolvelas nunha gasa e colocalas nun cazo, engadir dous vasos de auga e dúas culleradas de azucre. Poñer o lume e deixalas cocer, lentamente durante 15 minutos. Pasado este tempo, sacar as castañas, escorrer e quitarlles a envoltura de gasa e reservar.
Poñer ó lume unha pota, botar o resto das castañas e auga abondo para que queden cubertas e o viño. Cando estén cocidas, retirar do lume e escorrer.
No vaso da batedora, botar as castañas, o azucre, a crema de leite e as xemas dos ovos. Batelo todo coa batedora e pasar a mistura a un bol. Aparte, bater as claras dos ovos a punto de neve e engadilas ó contido do bol, con unha culler de pau reméxese moi lentamente para misturar todo moi ben e que non se baixen as claras.
Tomar un molde de teflón, caramelizalo e verter nel toda a mistura. Introducilo no forno a 180º c e mantelo, pinchar con un coitelo, se sae limpo retírase do forno.
Déixase enfriar a temperatura ambiente, desmóldase e adórnase coas catro castañas.
Poñer nun cazo vaso e medio de auga, poñelo no lume e cando rompa a ferver botar o chocolate con dous dedos de auga ó baño maría durante uns minutos.
Retirar do lume e botalo sobre o pastel, cubrindoo por igual. Introducilo na neveira ata que chegue a hora de servilo.

No hay comentarios: